Nodo Gallaecia
Nodo Gallaecia

Fórum do Nodo Gallaecia


Você não está conectado. Conecte-se ou registre-se

Nodo Gallaecia » Áreas temáticas » Educação e Cultura » Escolas de Ferrado » O que são as Escolas de Ferrado?

O que são as Escolas de Ferrado?

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Ir em baixo  Mensagem [Página 1 de 1]

1 O que são as Escolas de Ferrado? em Ter Dez 29, 2015 7:51 pm

Admin

avatar
Admin

Segundo a wikipédia,

As escolas de ferrado foron un sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, mestres non titulados que habitualmente tiñan unha escasa formación e que daban clases aos nenos do rural galego desde o século XVIII. Andando o tempo, e conforme a economía rural galega se incorpora ao mercado, tamén as escolas comezan a pagarse en cartos, aínda que nalgunhas bisbarras persistirá o pago en especie ata a década de 1960.

Recibían o nome de escolas de ferrado porque os pais pagaban, para a escolarización dos seus fillos, un ferrado, ben fose de centeo, trigo ou millo; este pago equivalía aproximadamente a 12-18 quilos por rapaz. [1]. O espazo da casa que se escollía, acostumaba ser a lareira ou o comedor, aínda que tamén se podían empregar palleiros e cortes. Dispoñían dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino do básico: ler, escribir e contar, seguindo procedementos didácticos tradicionais como o ditado.

Os escolantes podían ser labregos que completaban os seus ingresos dando clases aos nenos do seu lugar, cregos, vellos ou ben xente sen oficio nin recursos que subsistía grazas a darlles clases aos nenos.[2]. Os estudantes tiñan que compaxinar o ir á escola co traballo, xa que na maioría dos casos os rapaces eran imprescindibles nas casas para traballar.

Cara o comezo do século XX comezouse a pagar en diñeiro o que sería o valor dun ferrado de trigo. Coa suba dos prezos do trigo, aló polos anos 40 do século XX, houbo unha proliferación de mestres e mestras de ferrado.

Ademais deste pago, os mestres tamén recibían a mantenza e mais o lugar onde durmir durante o mes que estaban na escola, o cal remataba cun día de festa. Malia a súa escasa preparación pedagóxica e o limitado da súa cultura, os escolantes ensinaban a ler, escribir e contar aos nenos da zona rural que doutra maneira dificilmente terían a oportunidade de aprender. As escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no inverno -época en que o traballo no campo era menos intenso- e normalmente establecíanse nas cortes, choupanas e ás veces ía o escolante de casa en casa. Os horarios eran de luns ata o sábado e dende as primeiras horas da mañá ata ben entrada a noite. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboación rural galega. Este sistema persistía sobre todo nas zonas rurais de Lugo e Ourense.

Os materiais educativos eran escasos e o mestre adoitaba levalos de aldea en aldea. Eran textos escritos á man, que ás veces o propio escolante convertía nun pequeno libro, até que xa no século XX se foron incorporando os libros de texto, fundamentalmente as enciclopedias, as de Álvarez e a de Dalmau; en ocasións tamén empregaban mapas. O alumnado empregaba unha pequena lousa para facer as contas e os primeiros ensaios de escritura e posteriormente escribíase xa en papel.

O ensino era moi básico: contas (para medir e contar o número de leiras), as letras para ler ou escribir os contratos de compra e venda, ditados, e nalgún caso nocións de xeografía. A técnica que usaban para o ensino era moi simple: a repetición; saía un neno ao encerado e os demais copiaban o que el escribía.


Notas

[1] Gabriel, Narciso de (2001). Xerais, ed. Escolantes e escolas de ferrado. Vigo. ISBN 978-84-8302-713-4..

[2] Narciso de Gabriel, As escolas de ferrado no século XIX nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986 páx. 135

Ver perfil do usuário http://nodogallaecia.forum-livre.com

Ver o tópico anterior Ver o tópico seguinte Voltar ao Topo  Mensagem [Página 1 de 1]

Permissão deste fórum:
Você não pode responder aos tópicos neste fórum